Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997 pola se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da dirección técnica da execución das obras de construcción dun pavillón feiral e reordenación da parcela en Pontevedra (aparellador ou arquitecto técnico).

1. Obxecto.

Realización dos traballos de dirección técnica da execución das obras de construcción dun pavillón feiral e reordenación da parcela en Pontevedra (aparellador ou arquitecto técnico).

2. Orzamento de licitación: 8.705.003 pesetas.

3. Documento de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, os pregos de prescricións técnicas e demais documentación para o concurso estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio administrativo San Caetano.

4. Modelo de proposición.

O modelo de proposición económica únese como anexo ó prego de cláusulas administrativas, o que debe ser cuberta estrictamente conforme este.

5. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ata as 12 horas do décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións será efectuada pola mesa de contratación reunida en acto público, na Sala de Xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ás dez (10) horas do cuarto día hábil que non coincida en sábado, de rematado o prazo de presentación das proposicións.

7. Documentación que deben achega-los licitadores.

A que figure no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3750