Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de abril de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación de sanción sobre cota tributaria do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

De acordo co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificar a Álvaro Omil Estévez, con DNI: 35.180.555 e último domicilio coñecido en r/Ramón Bares, nº 12-1º-Bueu.

Imposto: Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

Período: 1990.

Concepto: sanción do 60 por 100 sobre cota tributaria de 7.500 pesetas, liquidada na acta de inspección nº 0777.0, incoada con data 21 de marzo de 1995.

Importe da sanción 4.500 pesetas.

Débeda tributaria parcial: 4.500 pesetas.

Advírteselle ó contribuínte de que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición perante este Servicio de Inspección, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo Rexional da Coruña (Secretaría Delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbos recursos.

Pontevedra, 21 de abril de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

3500