Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 1997 Páx. 4.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o apartado 4º da base cuarta da Resolución do 3 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor.

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Resolución do 3 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, DOG número 49, do 12 de marzo de 1997, apartado 4º da base cuarta,

DISPOÑO:

Artigo único.-Anúnciase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos orga

nismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de transportes e nas delegacións provinciais da citada consellería.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3519