Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno desta corporación, o día 29 de abril de 1997, o prego único de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto, para

a contratación da xestión do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento (rede de sumidoiros) e depuración de augas residuais, na modalidade de concesión administrativa, exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producen reclamacións contra o prego.

Obxecto: a xestión do servicio público indicado, na modalidade de concesión administrativa.

Duración: o contrato de xestión terá unha duración de 10 ou 20 anos, con posibles prórrogas ata un máximo de 5 anos máis.

Fianzas: provisional polo importe de 500.000 ptas. e definitiva de 10.000.000 de ptas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións: no salón de sesións da casa do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil ó dos cinco días naturais seguintes ó do remate do prazo sinalado para a presentación que non cadre en sábado.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego.

Poio, 5 de maio de 1997.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

3652