Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.611

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun servicio de asistencia

técnica para o deseño da identidade visual e a elaboración dun manual de identidade corporativa para a Central de Coordinación de Urxencias Médicas 061.

Nº expediente: 061/SER/2/97.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos dez días naturais seguintes á data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto, en Santiago de Compostela, no horario sinalado, ou no teléfono: (981) 57 76 50. Fax (981) 57 78 43.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

José Carlos Abal-López Valeiras

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.

97-2868