Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

Aprobación definitiva da modificación P.3 N.S.P. do Concello de Láncara na Pobra de San Xiao.

A corporación municipal en pleno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o 26 de marzo de 1997, acordou prestar aprobación definitiva á modificación P.3 N.S.P. do Concello de Láncara na Pobra de San Xiao, sendo a parte dispositiva do mencionado acordo a seguinte:

Primeiro.-O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, comprensivo do alcance da modificación.

Segundo.-Daráselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran a modificación puntual das N.S.P., debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Terceiro.-A eficacia da aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación puntual das N.S.P. queda condicionada á xustificación no expediente de terse cumprido o descrito nos apartados anteriores.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia logo da comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Láncara, 4 de abril de 1997.

Eladio Capón López

Alcalde

3651