Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52833 e 52834).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Central Eléctrica Industrial, S.L., con enderezo na r/ Entrepuentes, s/n, Portomouro-Val do Dubra, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Expediente 52833. Rede de baixa tensión a 380/220 voltios que parte do C.T. de Insua. San Román, de 1.645 m de lonxitude, en conductor R.Z. Concello Val do Dubra.

Expediente 52834. Cambio de tensión de 10 a 20 kV de todas as instalacións que posúe a empresa Central Eléctrica Industrial, S.L. e a legalización do C.T. Cernadas, de 50 kVA a 20.000±5%/398-220 voltios.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

726