Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/62-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Central Eléctrica e Industrial.

Enderezo social: Entrepuentes, 51-baixo, Portomouro, 15871 Val do Dubra.

Denominación: C.T. de 50 kVA e R.B.T.

Situación: Mercuto, Ames.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo caseta, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Mercuto e rede de baixa sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 410 m de lonxitude discorrendo polo lugar de Mercuto. Concello de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 12 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6285