Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 21 de abril de 1997 pola que se lle outorga a Repsol Butano, S.A. concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Arzúa.

Visto o escrito presentado pola empresa Repsol Butano, S.A., con domicilio social na r/ Arcipreste de Hita, 10, 28015 Madrid, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 18 de decembro de 1996 a empresa Repsol Butano, S.A. dedicada á subministración de gases licuados do petróleo, solicitou, ó abeiro da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles e do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Arzúa (A Coruña), para o efecto do cal presentou o preceptivo proxecto das instalacións obxecto da concesión a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2913/1973.

As características principais das instalacións son as seguintes:

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 99 m, e dotada de equipo de gasificación, regulación e transvase axeitados ás necesidades de consumo.

-Rede básica de distribución, soterrada na súa totalidade, deseñada para a súa intercambiabilidade con gas natural, cunha lonxitude de 5.521 m, e cons

truída con tubos de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo.

O orzamento das instalacións ascende a dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de ptas.).

Segundo.-De conformidade co establecido no citado decreto 2913/1973, a Dirección Xeral de Industria dictou Resolución do 13 de xaneiro de 1997 pola que se someteu a información pública a concesión administrativa de referencia, que se publicou no DOG do 22-1-1997, no BOP da Coruña do 25-1-1997, no BOE do 22-1-1997 e no xornal La Voz de Galicia do 22-1-1997, non presentándose ningunha alegación ó respecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa conforme o Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continúa en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, en canto non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Segundo.-No expediente instruido para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, a Consellería de Indus

tria e Comercio, por proposta da Dirección Xeral de Industria,

DISPÓN:

Outorgarlle á empresa Repsol Butano, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Arzúa.

A presente concesión administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Decreto 2913/1973, do 26 de outubro e a cantas outras disposicións se dictasen ou dicten sobre o servicio público de subministración de combustibles, así como ás seguintes condicións:

Primeira.-Repsol Butano, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contado desde o momento do outorgamento da concesión, unha fianza por valor de 360.000 pesetas, importe do 2% do orzamento das instalacións, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o previsto no artigo 7º, alínea b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e no artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e que será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-De acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, dentro do prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Repsol Butano, S.A. deberá solicitar á Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a autorización administrativa para a montaxe das instalacións, presentando o proxecto detallado delas e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de concesión, podendo os ditos prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitude acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-As instalacións e as súas montaxes deberán cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, e deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de

Galicia, de acordo co artigo 8, alínea c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

As instalacións receptoras de gas, a partir da conexión, tanto as comúns como as individuais, deberán cumpri-las normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados ou, se é o caso, aquelas que as modifiquen ou substitúan.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e un axeitado e eficiente servicio de mantemento das instalacións, reparación de avarías, reclamacións e, en xeral, de atención ós usuarios, sendo responsable da conservación e bo funcionamento das instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes en cada momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outórgase por un prazo de setenta e cinco anos a partir da publicación de esta orde no DOG. As instalacións obxecto desta concesión reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, alínea c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Repsol Butano, S.A. poderá transferir en calquera momento a concesión, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña coidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta orde así como da inspección das obras e montaxes efectuadas.

Os recoñecementos, ensaios e probas de carácter xeral ou parcial que, segundo as disposicións en vigor, teñan que realizarse nas instalacións obxecto desta concesión deberán ser comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afectar á continuidade e seguridade do servicio público, e co obxecto de garanti-lo mantemento do servicio ós usuarios deste, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución, e adopta-las medidas oportunas para mante-las subministracións.

Décima.-Poderán ser causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas na alínea e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento do apartado b, do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería

de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na resolución e na autorización para a súa montaxe.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente orde; Repsol Butano, S.A. poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión das instalacións substituídas, ou ben

2. A adaptación das cláusulas da concesión ás novas condicións existentes, co fin de mante-lo equilibrio económico-financeiro dentro do prazo establecido na condición.

Décimo primeira.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, coa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

725