Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (321/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado, baixo o número 321/1994, se seguen autos de xuízo de faltas por denuncia presentada por Jesús Iglesias Sebio contra Santiago Lemos Uzal, actuacións nas que se acordou sacar á venda por primeira vez en poxa pública, por termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial o seguinte vehículo que se lle embargou ó denunciado:

-Seat Trans, matrícula C-3716-AD.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Viena, nº 2, polígono das Fontiñas, o vindeiro día dez de xuño ás 11 horas, segundo as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 75.000 ptas. sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no B.B.V. nº conta 1592-76-321-94 o 20% do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo de remate.

4. Só o denunciante poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do denunciante as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do denunciante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 8 de xullo, ás 11 horas, nas mesmas condicións da primeira, excepto o tipo do remate que será do 75% do da primeira; e, no caso de que resulte deserta a devandita segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 9 de setembro, tamén ás 11 horas, para a cal rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

Esta publicación serve de notificación ás partes para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Santiago de Compostela o cinco de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

a) DA ADMINISTRACIÓN AUTÓNOMICA