Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a Oil Trade, S.A.

CIF A-48137368, con último enderezo coñecido na r/ Alameda de Urquijo, 62-principal dereita, 48011 Bilbao, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón oitocentas

sesenta e sete mil cincocentas oitenta e nove (1.867.589 ptas.), en concepto de pagamento duplicado, segundo expediente remitido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e correspondente ó Servicio Galego de Saúde, realízase pola presente cédula conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

Reclamación económico administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos