Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.592

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 7 de maio de 1997, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á conclusión da fase de oposición.

De conformidade co previsto nos apartados 14, 15 e 16 da base sexta da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, unha vez rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, procede que os respectivos tribunais publiquen a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición pola orde de puntuación total obtida, así como abri-lo prazo para que os ditos aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen na fase de concurso. Ademais, os tribunais poderán declarar que superou a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

Adoptado acordo ó respecto por este tribunal, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-las listas correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste polo que,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Publica-la relacións alfabética e a relación pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición da citada categoría.

Terceiro.-Abri-lo prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes presenten a súa solicitude de participación na fase de concurso, acompañada coa documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

Cuarto.-Contra o presente acordo poderá presentarse reclamación perante o tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste acordo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

Jaime Torres Rey

Presidente do tribunal

3629