Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 30 de abril de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social e dos obxectos publicitarios conmemorativos das exposicións e espectáculos do proxecto Galicia, Terra Única.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos da venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e dos artigos conmemorativos das exposicións e espectáculos do proxecto Galicia, Terra Única que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

ObxectoPrezo en pesetas

Catálogo exposicións2.000

Pin100

Camiseta350

Chaveiro500

Gorra400

Paraugas de madeira1.000

Bolígrafo125

Cartel: Galicia, Terra Única200

Disco: Galicia es única1.300

CD-ROM2.000

Pin de prata800

3708