Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na resolución do 23 de abril de 1997 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 81 do 29 de abril) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade

Autónoma de Galicia, o día 5 de maio de 1997, no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública de San Caetano en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado deste, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997 comezará por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «H».

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

97-3531