Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 1997 Páx. 4.586

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 113/1997, do 21 de abril, polo que se nomea un membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, do parágrafo terceiro, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 11 de xuño, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase, como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da organización que se sinala, a persoa seguinte:

Confederación de Empresarios de Galicia.

Cristina Sanz Arias.

Santiago de Compostela, vinteún de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

97-3624