Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/391-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas en nova estrada de enlace Cambados coa vía rápida.

Situación: concellos de Cambados e de Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 141 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 26 da L.M.T. ó C.T. Muíños, rematando no apoio N.28 da mesma liña, concellos de Cambados e Ribadumia. R.B.T., aérea, de 1.670 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 17 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3262