Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/439-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar-Ponte Sampaio.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15 kV, de 40 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.2 da L.M.T. ó C.T. de Vilar, rematando no C.T. que se proxecta en Vilar-Ponte Sampaio, concello de Pontevedra. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 105 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z.

sobre apoios de formigón e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 18 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3258