Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Sueros de Galicia, S.A., con domicilio social no lugar de Cebreiro, no concello do Pino (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se vai executar na empresa situada no anterior enderezo.
-Planta de coxeración grupo d, composta polos seguintes elementos:
-3 motores de combustión interna alimentados con fuel-oil pesado con unha potencia de 3.520 kV C/U.
-3 xeradores síncronos cunha potencia nominal de 4.246 kVA C/U.
Centro de transformación con relación de transformación 20/6,6 kV.
Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.
Lugar onde se vai a establece-la instalación: factoría que se vai instalar pola empresa no concello do Pino (A Coruña).
Orzamento: 744.817.672 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
Coruña, 17 de febreiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
3260