Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Materiales Cerámicos, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Materiales Cerámicos, S.A. (código 2700382), da provincia de Lugo, asinado o día 23 de xaneiro de 1997, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto

refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de febreiro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Materiales

Cerámicos, S.A. 1997

Capítulo I

Determinación das partes que concertan o presente convenio

Artigo 1º

O presente convenio colectivo concértase entre a empresa Materiales Cerámicos, S.A., representada polas persoas expresamente facultadas para iso e os representantes dos traballadores que prestan os seus servicios na súa fábrica de Burela (Lugo).

Capítulo II

Ámbito de aplicación

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Materiales Cerámicos, S.A. e o persoal que nela presta os seus servicios.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa Materiales Cerámicos, S.A. excluídas as persoas que desempeñan funcións de alta dirección, goberno ou consello, así como os mandos ós que se esixe plena dedicación.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

Será de aplicación a todo o persoal da empresa do cadro de persoal de Burela de Cabo (Lugo) a excepción do que recolle o artigo 3º.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será de dous anos a partir da data da súa publicación no BOP de Lugo, non obstante os conceptos retributivos serán de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1997 e manterase o seu importe durante dous anos.

Establécese un período de previo dun mes, para a denuncia do presente convenio colectivo, contado anteriormente á data do seu vencemento.

Se non se denunciase da forma prevista, considerarase prorrogado por outro ano e así sucesivamente ata a súa denuncia; pero os pactos sobre materia salarial, serán obxecto de revisión a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 6º.-Facultade da dirección.

Será facultade exclusiva da dirección da empresa:

1. A organización administrativa, técnica e industrial das súas actividades, así como de introduci-las variacións e supresións que considere convenientes en seccións, instalacións ou métodos de fabricación para aumentar rendementos, mellorar calidade ou diminuír custos.

2. O establecemento e a esixencia de rendementos mínimos, de acordo cos representantes do persoal.

3. A fixación da tarefa necesaria para a saturación do traballador ó rendemento convido.

4. A fixación do nivel de calidade e das porcentaxes de defectos dentro do proceso de fabricación e a aplicación das sancións para o culpable do incumprimento.

5. Esixi-la vixilancia, atención, engraxamento e limpeza da maquinaria encomendada así como dos lugares de traballo.

6. A mobilidade e redistribución do persoal da empresa de acordo coas necesidades da organización e da producción.

7. Estudiar, implantar e revisar sistemas de incentivos que teñan como consecuencia un beneficio económico para os productores e un beneficio en producción para a empresa. As modificacións que afecten a este apartado poderanse aplicar por un período de proba, que se determinará, se é o caso, para o seu estudio, pero será necesaria a aprobación dos delegados de persoal para a súa implantación definitiva.

8. No caso de que estes feitos supoñan modificacións substanciais nas condicións de traballo, aplicarase o disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores afectados por estas modificacións poderán ser dedicados pola empresa a tarefas distintas das habituais sempre que estas estean dentro das posibilidades dos ditos traballadores.

Artigo 7º.-Rendementos.

O persoal comprométese a cumpri-los rendementos fixados en cada posto como contraprestación ás condicións fixadas.

Artigo 8º.-Descrición do posto de traballo.

Realizáronse as follas de descrición de tarefas e controis en cada posto de traballo, tendo en conta a opinión dos delegados de persoal. Para todo cambio importante non transitorio nos cometidos fixados en

cada posto deberase confeccionar unha nova folla coa colaboración dos delegados de persoal.

Artigo 9º.-Productividade.

Co fin de eleva-la competitividade e rendibilidade da empresa, farase un estudio de cada posto de traballo, coa colaboración dos delegados de persoal, analizando en cada caso as melloras que se poidan conseguir, e marcando os novos rendementos normais, procurando elimina-la posible discriminación duns postos de traballo sobre outros.

Estes novos niveis normais, o mesmo que os que se fixan neste convenio, son esixibles a todo o persoal xa que se remuneran a través do salario pactado. Analizaranse os casos en que non se alcancen por circunstancias non imputables ó traballador.

Capítulo IV

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada laboral.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán unha xornada laboral de 40 horas semanais de traballo efectivo, equivalente en cómputo anual a unha xornada máxima de 1.808 horas, igualmente de traballo efectivo. A diferencia de horas de traballo entre o calendario laboral de cada posto e o cómputo anual regularase fóra da xornada ou horario establecido. Durante as horas de traballo non se pode abandona-lo correspondente posto.

Ó remata-lo ano non debe haber diferencia entre o cómputo e as horas realmente traballadas, agás persoal de baixa durante o mes de decembro. Se existise diferencia en favor ou en contra, consideraranse traballadas ou percibidas, agás acordos individuais noutro sentido.

Artigo 11º.-Horario de traballo.

Este horario poderase variar por causas técnicas, como pode ser: cortes de enerxía, reparacións, cambios de molde, etc.

1. Xornada normal.

1.1. Persoal de fabricación (incluídos administrativos e técnicos): de 8 a 13 horas e de 15 a 18 horas; de luns a venres excepto días festivos.

1.2. Persoal comercial e contabilidade; de 9 a 14 e de 15 a 18 horas; de luns a venres excepto días festivos.

2. Persoal a dúas quendas; de 6 a 14 e de 14 a 22 horas. Exceptúase preparación de pastas, en que por necesidades de fabricación a quenda de tarde será de 16 a 24 horas. A xornada será de luns a sábados incluídos os festivos, imprescindibles para mante-la producción.

3. Persoal a tres quendas: de 6 a 14, de 14 a 22 e de 22 a 6 horas respectivamente.

3.1 Tres quendas ininterrompidas: a xornada axústase ó sistema de correquendas que se fixa no anexo III.

3.2. Tres quendas de luns a venres: a xornada será de luns a venres incluídos os festivos, imprescindibles para mante-la producción.

3.3. Cambio de quenda entre operarios: con carácter eventual, e motivado por algunha necesidade, o persoal de quendas poderá solicitar, cunha antelación mínima de 48 horas (en días e horas de oficina), o cambio de quenda con outro operario do mesmo posto ou ben outro que coñeza perfectamente tódolos traballos e obrigas. O cambio non poderá facerse sen a correspondente autorización de dirección. O solicitante percibirá o soldo e pluses como se estivese traballando e nada o substituto.

Artigo 12º.-Descanso de quendas.

Todo o persoal que traballa a quendas parará para descansar media hora, de acordo co artigo 34.4º do Estatuto dos traballadores, entre 24 e 4; 8 e 12; e 16 e 20, de acordo coa súa correspondente xornada e segundo o horario que se lles marque no posto de traballo. (Estas horas poderán variar por necesidades de producción ou horas punta).

Durante este período de descanso non se poderá abandona-la empresa.

Artigo 13º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais e desfrutarase preferentemente durante os meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos. O persoal de mantemento ou o necesario para reparacións, terase que adaptar ás necesidades do servicio; por necesidade da empresa poderase chegar entre esta e o traballador, con coñecemento dos delegados de persoal, ó acordo para fracciona-las vacacións.

Para efectos da reintegración do persoal a quendas, despois de desfruta-lo período de vacacións, a quenda seguirá correndo como se estivese traballando, de forma que entre sempre na quenda que lle corresponda.

O cadro de vacacións terá que estar en coñecemento dos traballadores con dous meses de antelación.

En canto á retribución, ademais do soldo base e a antigüidade, aboarase o plus de asistencia e un plus de vacacións de 400 pesetas, ambos por día natural. Ó persoal que se lle esixa desfrutalas fóra do período de xuño a setembro aplicaráselle o dobre deste plus nos días non abranguidos entre estas datas.

Artigo 14º.-Licencias e excedencias.

En canto a licencias e excedencias teranse en conta os artigos 37.3º e 46, respectivamente, do Estatuto dos traballadores, coas aclaracións e correccións que se indican:

1. Dous días, nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, pais, fillos, avós, sogros, netos e irmáns. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto o permiso será de catro días.

2. O día da celebración do matrimonio de fillos ou pais, condicionado a que coincida con día de traballo segundo a súa xornada laboral.

Artigo 15º.-Permisos.

O traballador poderá solicitar, con dous días de antelación, sen dereito a ningunha retribución, permiso para faltar ó traballo. A empresa, tendo en conta as necesidades do servicio, resolverá no prazo máximo deses dous días, a non ser que a perentoriedade do asunto requira autorización inmediata e sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse se se alegan causas falsas.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 16º.-Sistema retributivo.

Estará integrado polos conceptos que a seguir se indican:

1. Salario base. Os salarios base das distintas categorías afectadas polo presente convenio serán as indicadas na correspondente táboa salarial do anexo I.

Co fin de que tódolos meses se perciba a mesma cantidade de pesetas por este concepto, para o persoal que ten fixado o salario diario, calcularase a cantidade que recibirá por mes segundo a fórmula seguinte:

Salario diariox425 días

Salario mes=

14 meses

2. Antigüidade. O premio de antigüidade non se modificará ata o vencemento dos bienios ou quinquenios, neste momento o incremento que resulta de acordo co salario base acumularase ó premio por antigüidade existente; de acordo co informe da Dirección Xeral de Traballo do 25 de marzo de 1980, expediente 1019/1980.

A contía deste premio é de 2 bienios ó 5 por 100 e quinquenios ó 7 por 100 ata un máximo de 50 por 100.

3. Gratificacións extraordinarias. A empresa aboará a cada productor unha paga extraordinaria no mes de xullo e outra en Nadal. O importe destas pagas será para cada unha delas de trinta días do salario base maila antigüidade. As ditas gratificacións aboaranse o día laborable inmediatamente anterior ó 25 de xullo e ó 22 de decembro ou o laborable inmediato anterior se este fose festivo.

4. Beneficios. Aboarase ó persoal do cadro, dentro dos tres primeiros meses do ano, unha gratificación que corresponderá ó 6% do percibido o ano anterior en concepto de soldo base maila antigüidade.

5. Plus de nocturnidade. As horas traballadas entre as 10 da noite e as 6 da mañá terán un incremento do 25% calculado sobre o salario base, excepto cando o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Artigo 17º.-Pluses xerais.

1. Plus de asistencia. Fíxase un plus de asistencia de 725 pesetas por día realmente traballado, sempre que como mínimo se traballen catro horas.

2. Plus de transporte. Establécese un plus de transporte para tódolos traballadores da empresa calquera que sexa a distancia do seu domicilio. Este plus percibirase por día de asistencia ó traballo e fíxase en 350 pesetas; non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo.

3. Plus de actividade. O plus de actividade aplicarase a todo o persoal da empresa e cobrarase por horas traballadas. Fíxase en 70 pesetas por hora e no seu valor tivéronse en conta os pluses de calquera índole que puidesen corresponder.

Artigo 18º.-Plus por posto.

O plus por posto será o resultado de suma-los valores parciais do anexo II segundo as características dos postos indicados e cobraranse por horas traballadas en cada un. Este plus poderase modificar se desaparecen as causas polas que se fixou en cada caso.

O plus por quenda ininterrompida correspóndelle ó persoal cunha xornada igual á indicada no apartado 11º.3.1 e no sistema de correquendas do anexo III correspóndelle as letras A, B, C, D. O plus de polivalencia correspóndelle á persoa que se asigne e estea preparada para desempeñar calquera outro posto de fábrica. A substitución poderase facer calquera día e xornada que se lle requira. Este plus só se percibirá cando a fábrica estea en producción e non é acumulable a ningún outro plus de posto. Ó face-la substitución a que se fai referencia percibirase o plus que corresponda ó posto que desempeña.

O plus de bocadillo págase cando é imposible o descanso dentro das oito horas continuadas.

Estes pluses non teñen carácter persoal, polo que só se cobrará polas horas traballadas en cada posto.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Con relación á realización de horas extraordinarias acórdase actuar co seguinte criterio:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas polas reparacións urxentes ou de sinistro ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como no caso de riscos de perda de producción ou materias primas: realización.

Estas horas corresponden ó artigo 35.3º do Estatuto dos traballadores e as partes asinantes manifestan que se consideran como tales:

-As avarías no forno.

-As avarías que se producisen noutras seccións e que de non repararse impedirían o normal desenvolvemento da producción.

-As avarías causadas por incendios, catástrofes ou similares.

3. Horas extraordinarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción como fabricación de pezas especiais ou tacos, ausencias imprevistas, reclasificación de material, completar producción por días festivos, reparacións ou ampliacións, ou outras circunstancias que tamén sexan de carácter estructural: realización.

4. A dirección da empresa informará periodicamente ós delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as súas causas.

Así mesmo, en función desta información e dos criterios antes sinalados, a empresa e os delegados de persoal determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

5. Acórdase fixa-lo valor da hora extraordinaria en 1.200 pesetas/hora, calquera que sexa o día traballado (incluídos domingos e festivos) a categoría ou as circunstancias persoais ou de posto.

Estas cifras inclúen tódolos conceptos retributivos excepto o plus de asistencia, que se percibirá de acordo co apartado 17º.1, o plus de transporte de acordo co apartado 17º.2 e o plus de nocturnidade que corresponde segundo o apartado 16º.5.

Artigo 20º.-Liquidación de salarios.

A liquidación dos salarios devengados polos traballadores farase mensualmente aboándose como máximo o día 5 do mes seguinte ó que corresponda mediante talón nominativo ou ingreso en conta bancaria.

Artigo 21º.-Compensación e absorbibilidade.

As condicións de traballo e melloras económicas estimadas no seu conxunto, que polo presente convenio se implantan, son compensables e absorbibles, cos aumentos e melloras concedidas voluntariamente pola empresa, sexa calquera a causa ou razón da súa concesión e nome con que se designe e con calquera que emane de disposición legal ou que se promulgue no futuro e que comporte alteración no alza do salario, complementos del ou devengos doutra clase. A comparación farase co resultante anual tendo en conta toda clase de percepcións.

As persoas que no momento de entrar en vixencia o presente convenio teñan unha condición máis beneficiosa, nos conceptos dos artigos 16º e 17º, no seu cómputo anual, manteráselles.

Capítulo VI

Aspectos asistenciais

Artigo 22º.-Axuda escolar.

Os traballadores con fillos en idade abranguida entre os catro e dezaseis anos, percibirán unha axuda de 1.000 pesetas por fillo e mes.

Artigo 23º.-Premios por anos de servicios.

O persoal da empresa que leve na mesma traballando 25 anos terá dereito, durante os doce meses seguintes a partir da dita data, a percibir cinco mensualidades de salario base maila antigüidade, sempre que no seu expediente non figuren faltas moi graves.

O traballador que se xubile a partir dos sesenta anos, e sempre que leve na empresa vintecinco anos ininterrompidos, poderá solicitar que se lle aboe a cantidade complementaria para que o xubilado perciba exactamente a mesma cantidade que viña cobrando en activo. Este complemento irase reducindo de acordo ás subas que teña da pensión, deixándose de percibir na data en que a pensión recibida iguale a cantidade que percibía ó estar en activo. Para o cobramento do complemento é imprescindible a presentación do xustificante da pensión recibida, indicando o seu importe.

Capítulo VII

Acción sindical na empresa

Artigo 24º.-Cotas sindicais.

A empresa poderá deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos entregaranse á persoa que designe a central sindical correspondente.

Capítulo VIII

Disposicións complementarias

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En todo o relativo á seguridade e hixiene no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas na Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, do 8 de novembro de 1995.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará anualmente a todo o persoal dous xogos de roupa de traballo, logo de recepción da usada. Un xogo en abril (camisa, pantalón ou bata e toalla) e o outro en outubro (cazadora, camisa e pantalón ou bata). Nos postos de traballo en que se produza un desgaste extraordinario, a roupa reporase a medida que se deteriore.

Dotarase a todo o persoal dos elementos de protección individual necesarios segundo o seu posto de traballo, para a súa reposición será necesaria a devolución do elemento usado ou deteriorado.

Cando se realicen traballos fóra do posto habitual, a empresa proporcionaralle ó traballador os elementos de protección necesarios.

O traballador farase responsable da conservación dos elementos de protección e roupa que a empresa lle entregue, e serán do seu uso exclusivo para o traballo que desempeñan na empresa.

Artigo 27º.-Faltas e sancións dos traballadores.

1. Todo traballador que por causa xustificada non poida asistir ó traballo, deberá comunicarllo á direc

ción da empresa coa máxima antelación. A non notificación considerarase como falta grave.

2. Ó comezo e ó final da xornada, ou dos descansos, o traballador encontrarase no seu posto de traballo coa instalación funcionando. O seu incumprimento considerarase como falta grave.

3. Non se poderá sancionar a ningún traballador sen previa información ós delegados de persoal.

Artigo 28º.-Absentismo.

Co fin de diminuí-lo absentismo acórdase:

1. Recorda-los efectos negativos que o absentismo ten, tanto para a empresa como para os traballadores.

2. Cuantificar e cataloga-las causas do absentismo, entendendo como a non presencia do traballador no posto de traballo.

3. Controla-las causas inxustificadas e fraudulentas. Para diminuí-lo absentismo, os delegados de persoal e a empresa actuarán conxuntamente na aplicación de calquera tipo de medida. Estas medidas que se apliquen, así como as posibles sancións que se deriven, terán validez legal para tódolos efectos.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria estará integrada polos señores: José María Martín Llorente, José Seijas Eijo, Ángel Vigo Díaz, Dionisio Campo Núñez, José Manuel López Basante e Pedro Castro Fraga. O citado órgano cumprirá as funcións de interpreta-lo contido deste convenio colectivo, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación. No caso de non acordo nas cuestións suscitadas, someteranse as discrepancias ó procedemento de mediación establecido no AGA e de persistir no desacordo seguidamente se someterá ó procedemento de arbitraxe previsto nel.

Artigo 30º.-Normas subsidiarias e vinculación á totalidade.

En todo o non previsto nos artigos anteriores será de aplicación o convenio colectivo estatal para as industrias extractivas, industrias de vidro, industrias

cerámicas e para as de comercio exclusivista dos mesmos materiais; non son, polo tanto, de aplicación os artigos do convenio estatal seguintes: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 11, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 22, seccións 1ª, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª e 6ª do capítulo V, 49, 65, 68, 80, 81, 97, capítulos XIII e XIV completos e os anexos correspondentes; xa que están considerados no convenio de empresa.

As condicións pactadas forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación serán consideradas en cómputo anual e globalmente; polo que no suposto de que se declarase a non validez total ou parcial, por calquera motivo se considerará nulo na súa totalidade e quedará sen efecto o presente convenio.

ANEXO I

Categorías

Salario

base día

Salario

base mes

Salario

base ano

Analista de 2ª105.8501.270.200
Viaxante103.6401.243.680
Oficial 1º de oficio3.511106.5801.278.960
Oficial 2º de oficio3.409103.4901.241.880
Oficial 3º de oficio3.364102.1401.225.680
Peón especialista3.294100.0001.200.000

Esta táboa só reflicte as categorías do persoal incluído en convenio.

ANEXO II

Pluses por postosPtas./hora

Preparación pasta30
Atomizador30
Prensas e esmaltadoras40
Forno de rulos30
Clasificación forno de rulos30
Responsable fabricación de esmaltes65
Responsable pezas especiais20
Expedicións30
Laboratorio30
Mantemento30
Administrativos25
Quendas ininterrompidas70
Quenda preparación de pastas (luns a sábado)35
Quenda normal15
Bocadillo25
Polivalencia55

ANEXO III

Sistema de correquendas para postos de 24 horas

Sete días á semana

Cada letra (A, B, C, D) corresponde ó operario que ten que realiza-la xornada correspondente.

L M M X V S DL M M X V S DL M M X V S DL M M X V S D

MañáD D D D C C CC C C C B B BB B B B A A AA A A A D D D
TardeC C B B B B BB B A A A A AA A D D D D DD D C C C C C
NoiteA A A A A A AD D D D D D DC C C C C C CB B B B B B B

Unha vez rematada a cuarta semana volverase empezar pola primeira.

Se o acorda a comisión paritaria poderase aplica-lo novo sistema que se indica a seguir polo tempo que consideren:

Operar.L M M X V S DL M M X V S DL M M X V S DL M M X V S D

A M M T T N N NX X M M T T TN N X X M M MT T N N X X X
B X X M M T T TN N X X M M MT T N N X X XM M T T N N N
C T T N N X X XM M T T N N NX X M M T T TN N X X M M M
D N N X X M M MT T N N X X XM M T T N N NX X M M T T T

Claves: M= mañá, T= tarde, N= noite, X= descanso.

Unha vez rematada a cuarta semana volverase empezar pola primeira.

3587