O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e Administración do ensino en toda a súa extensión.
Presentada a solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música polo Concello de Sober, os
servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Primeiro.-A escola, da que os datos se sinalan no anexo a esta orde, queda incluída no rexistro de escolas de música.
Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia de Lugo.
Denominación específica: escola de música de Sober.
Titular: Concello de Sober.
Domicilio: Centro Sociocultural da Xuventude e da Terceira Idade, praza do Concello s/n.
Localidade: Sober.
Provincia: Lugo.
2772