Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.533

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 112/1997, do 14 de maio, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Holanda é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe ó Reino dos Países Baixos, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 15 de maio ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, catorce de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

3482