Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración de 3 vehículos para o Consello Consultivo de Galicia.

O secretario xeral, actuando en nome e representación do Consello Consultivo de Galicia, resolveu adxudica-la seguinte subministración:

1. Titular: Consello Consultivo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: 3 vehículos clase A.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 28 de febreiro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso:

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.440.000 ptas., IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de abril de 1997.

b) Contratista: Noyamóvil.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 10.859.541 ptas.

6. Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase que -advertindo que esta resolución pon fin a vía administrativa- é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

José Luis Rodríguez Fernández

Secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia

97-3462