-Obxecto:
Control de calidade da obra de adquisición de 66 vivendas, garaxes e rochos en Lugo.
-Orzamento:
Seis millóns catrocentas noventa e oito mil duascentas corenta (6.498.240) pesetas, IVE incluído.
-Prazo de execución:
Vintedous (22) meses.
-Clasificación:
Grupo I; subgrupo 2; categoría a.
-Garantía provisional:
Dispensada, en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.
-Garantía definitiva:
Duascentas cincuenta e nove mil novecentas trinta (259.930) pesetas.
-Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).
-Presentación de proposicións:
As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.
-Apertura de proposicións:
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once e media (11.30) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.
-Anuncio:
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
97-3463