Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 161 da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro de Cooperativas dependente desta dirección xeral foron depositadas as escrituras públicas de modificación de estatutos sociais da entidade

Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, resultando inscritas no libro de inscripción de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3398