Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Explotación de Canteras de Granitos Ornamentais, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Canteiras de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Explotación de Canteras de Granitos Ornamentais, que no sucesivo, e en virtude de dita modificación, se denominará Asociación de Canteiras de Galicia, cambiando, así mesmo, o seu ámbito territorial e domicilio.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos Marcelino Martínez Rodríguez, presidente e Manuel Rodríguez Pichel, secretario, e os demais membros da xunta directiva.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3459