Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 10, 24 e 30 dos estatutos da Asociación Galega de Productores de Caracol (Agaproca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 10 de abril de 1997, certificación da acta expedida pola secretaria da devandita asociación, Amalia Fer

nández Prieto, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo na asemblea xeral, que tivo lugar o día 19 de decembro de 1996, consistente na modificación dos artigos 10, 24 e 30 dos estatutos, que fan referencia respectivamente á constitución das asembleas xerais tanto ordinarias como extraordinarias, dos pertencentes á asociación, e o orzamento ordinario anual.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3459