Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-97/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 8 de abril de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-97/96.

Denunciado: Roberto Lois Vázquez.

Último domicilio coñecido: Galáns, s/n, Coron, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar dentro do couto privado (PO-10.124) con escopeta, carecendo da debida autorización. Capturar dous estorninos e un peto, negándose a entrega-la caza morta, o día 20 de outubro de 1996, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas. e indemnización de 15.000 ptas.

97-3418