Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes Distrito C. Senra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 10 horas do día 9 de abril de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes Distrito C. Senra, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: todas aquelas entidades dedicadas ó comercio que, comprendidas nos ámbitos territoriais e profesionais aquí sinalados, voluntariamente se adscriban.

Asinan a acta de constitución: Mercedes Legaspi Valle e tres persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 10 de abril de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

97-3417