Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-17/1996 (E.N.-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución de espacios naturais por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte

ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 8 de abril de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-17/96.

Denunciado: Álvaro Pena Souto.

Último domicilio coñecido: r/ Pena, 2, Cela, Bueu.

Feito denunciado: cazar xunto con outras dúas persoas, frinxílidos utilizando unha rede de canón de 8 m e reclamos, o día 9 de novembro de 1996, termo municipal de Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, en relación co artigo 4 e anexo III do R.D. 1095/1969.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 ptas.

3289