Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/42-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Coviña-Xuño.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor La-56, de 40 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Porto do Son-Corrubedo (Expte. 3.081) e final no C.T. que se vai instalar en Coviña-Xuño. Centro de transformación sobre apoio formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Coviña-Xuño-Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-3251