Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/30-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. en Edif. R7-3 do polígono das Fontiñas.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 155 m de lonxitude, con orixe na liña San Caetano-As Fontiñas I (Expte. 52530) e final en C.T. que se vai instalar en edificio R7.3 do polígono das Fontiñas. Centro de transformación no baixo do citado edificio, de 1000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede subterránea de 840 m. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-3252