Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. a C.T.C. Axencia tributaria.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 505 m de lonxitude, con orixe na liña San Caetano-Circunvalación nº 8 (Expte. 10513) e final no C.T. feira de gando (Expte. 29651). Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de abril de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
97-3250