Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/40-4).

Ós efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. no campo da feira-Arcade.

Situación: concello de Soutomaior.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 140 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. desde o apoio s/n da L.M.T. Ponte Sampaio I, ata o C.T. que se proxecta no campo da feira-Arcade, concello de Soutomaior. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V. R.B.T. aérea, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón e 140 m de lonxitude con conductor Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2854