Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a autorización da modificación do proxecto de instalacións de gasificación do Noroeste: rede de Ourense, promovido por Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Con

sellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública a modificación do proxecto de gasificación do Noroeste: rede de Ourense, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas, o proxecto de execución e autorización de instalacións da cal se aprobou por resolución do director xeral de Industria do 16 de outubro de 1995.

Obxecto da petición: aprobación administrativa e autorización de instalacións da modificación do proxecto da rede de Ourense, recollida na addenda 1 ó proxecto rede de Ourense.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: a finalidade da addenda presentada ó proxecto orixinal é incluír como parte integrante del as obras correspondentes ás modificacións de trazado, motivadas polas alegacións realizadas por organismos públicos e particulares.

Esta addenda 1, cunha lonxitude de 260 m lineais, afecta ós seguintes termos municipais:

-Amoeiro: debido ó traslado da posición I-022-4, inicio da rede, a lonxitude desta aumenta entre os vértices V-0 e V-1.1, e entre os vértices VC-8-9 e VC-8-9.3, para pasa-lo mais próximo posible ó fondo dos lindeiros dos predios afectados.

-Ourense: esta variación do trazado consta de tres zonas:

A primeira, sitúase entre os vértices VC-8-14 e VC-8-20, con obxecto de non afecta-lo muro de pedra, cerramento do camiño polo lado oeste, reducíndose a pista de traballo.

A segunda, sitúase entre os vértices VC-8-35 e VC-8-36, co fin de realiza-la acometida de gas ó matadoiro Coren, dentro dos seus terreos.

Finalmente, a terceira sitúase entre os vértices V-241 e V242.1, desprazándose o trazado inicial polo bordo dunha torre eléctrica de alta tensión.

-San Cibrao das Viñas: sitúase dentro do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, entre os vértices V-343 e V-348, cambiando a conducción de beirarrúa para non interferir nos servicios (liñas eléctricas, encanamento de auga, etc.) que pasan por ela.

Debido á previsión no incremento de consumo, tanto para a rede urbana de Ourense como para o polígono industrial de San Cibrao das Viñas, auméntanse os diámetros do encanamento, pasando estos de 6'' e 4'' iniciais, a 10'' e 6'', respectivamente.

O encanamento construirase de aceiro de calidade Gr. B., segundo API 5L e estará dotada de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 m (n)/h.

Termos municipais afectados: Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Orzamento: sete millóns novecentas tres mil cento cincuenta pesetas (7.903.150 ptas.).

Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción das instalacións auxiliares obxecto desta addenda, concrétase na seguinte forma:

Uno.-Para as canalizacións.

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto ningún

que puidera dañar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación, as tomas de potenciais e os tubos de ventilación e outras instalacións auxiliares, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe do encanamento e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se face público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a relación dos cales se insire ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Ourense, r/ Curros Enríquez, 1-4º, podendo presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se consideren oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por servidume de paso

Rede de OurenseProvincia: OU-OurenseConcello: AO-Amoeiro

Abreviaturas utilizadas: SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal, POL-polígono, PAR-parcela

Predio nºTitular e enderezoAfecciónDatos catastrais

SP mlOT mPOLPARNatureza

OU-AO-100Arturo Dopazo Novoa-Albeiros-Bregueira-Trasalba, 31270 Amoeiro, Ourense1751.75068272Monte alto, labor
OU-AO-100/1Concello de Amoeiro-Estr. Tamallancos-Barbantes, s/n, 32170 Amoeiro, Ourense550 Camiño
OU-AO-100/2Amalia Fernández, Alonso-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense2727069386Monte baixo

3247