Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/399-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. Caína-Darbo.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T. , aérea núa, a 20 kV, de 1.417 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón y metálicos, desde o C.T. de Aluper ata o apoio seguinte ó C.T. de Darbo, concello de Cangas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, as características do cal se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 20 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegación provincial de Pontevedra

3257