Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-269-275).

Por decretos desta Alcaldía nº 1.163 e 1.175/97 do 31 de marzo de 1997, acordouse aprobar inicialmente o programa de actuación urbanística e o plan parcial sobre o solo urbanizable non programado B-14-R Longora, en Longora-Lians, tramitado por Aurelio Ruenes Inversiones, S.A. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública dos expedientes polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo os expedientes quedarán á disposición de todo aquel que queira examinalos, podéndose face-las alegacións pertinentes. Os expedientes poderanse examinar nas Oficinas Municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 4 de abril de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

3171