Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto desta Alcaldía do 8 de abril de 1997 acordouse aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da xunta de compensación da unidade de execución Agro de Don Xulián, relativo ó plan especial de reforma interior Horta do Casino, así como desestima-la alegación presentada por Antonio Velloso Romero por acreditaren os interesados a titularidade dos terreos afectados en superficie suficiente para a iniciación do presente trámite.

O que se fai público para que no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio, os propietarios que se consideren afectados poidan formula-las alegacións que consideren convenientes ós seus dereitos.

Carballo, 21 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

3150