Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Declarada a urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa por Decreto 80/1997 do 10 de abril, DOG nº 77 do mércores 23 de abril de 1997 da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, da obra proxecto de urbanización da estrada C-550 tramo da Guarda á Pasaxe fase I rúa de Portugal, esta alcaldía resolve declara-los días, e as horas, para proceder nesta Casa do Concello sita na praza de España da Guarda, ó levantamento das obras previas da ocupación sen prexuízo de trasladárense ó terreo se así se solicita expresamente.

A relación de propietarios afectados, o seu enderezo o número de predio e a superficie que se vai expropiar aparecen publicados no BOP, no taboleiro de anuncios do concello e na prensa provincial.

Así mesmo e de conformidade co establecido no artigo 52.2º da vixente LEF, e paralelamente á inserción do edicto no que se recolle a relación de afectados, as datas e as horas para o levantamento das actas no taboleiro de anuncios do concello, no BOP, e na prensa provincial así como o seu resumo no DOG, o sinalamento será notificado por cédula ós interesados que poderán asistir ó acto asistidos do perito e notario á súa costa, así como formular alegacións o só efecto de emenda-los posibles erros que puidese te-la relación de afectados, mediante escrito dirixido a esta alcaldía ou ben no momento do levantamento da acta correspondente aportando o título de propiedade.

A Guarda, 29 de abril de 1997.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

3216