Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 112/1996).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 10 de abril de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do tramo rúa Río Barra-Avda. de Santiago, da Zona 4 do SU-42, logo de constitución de garantía polo importe de 7.974.377 pesetas, sete millóns, novecentas setenta e catro mil trescentas setenta e sete, para asegura-la correcta execución das obras e a súa simultaneidade coas da edificación.

2. Incorporar ó proxecto as condicións técnicas fixadas pola Concellería de Medio Ambiente, Parques e Xardíns no informe do 26 de marzo de 1997, debéndose executa-las obras de conformidade coas ditas condicións.

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de abril de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde Acctal.