Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de abril de 1997 pola que se establece unha prima pola comercialización temperá de xatos.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG nº 69, do 11 de abril de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.412, no artigo 4, alínea C, onde di: «c) Que permanecesen ininterrompidamente nunha soa explotación no territorio do Estado español durante os

90 días anteriores ó da data do sacrificio. Se o animal se sacrifica antes dos 90 días de idade, esta obriga aplicarase a toda a súa vida.», debe dicir: «c) Que permanecesen ininterrompidamente nunha soa explotación no territorio do Estado español durante os 90 días anteriores ó da data de sacrificio».

-Na páxina 3.412, no artigo 6, alínea 2, onde di: «... obxecto de prima.», debe dicir: «...obxecto de prima, de acordo co modelo do anexo V».

-Na páxina 3.417, no anexo IV, alínea 1, onde di: «... anexo VII.», debe dicir: «... anexo V.».

-Nos anexos engadirase o anexo V que se xunta.

ANEXO V

MODELO DE LIBRO DO REXISTRO DO MATADOIRO

Nome ou razón social NIF

DataNome do titular do animalNIF do titularCrotalNº de sacrificioPeso canal

Os animais estarán identificados segundo o R.D. 208/1996, sendo a marca auricular que se consigne conforme o establecido na dita norma.

O peso consignarase en quilos, e o canal pesarase coa presentación establecida no anexo III da orde da Consellería de Agricultura, Gandería

e Montes, do 1 de abril de 1997.

2770