Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita na rúa Michelena, 23 de Pontevedra.

Visto o expediente instruído por instancia de Fco. Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Pontevedra, na rúa Michelena, 23, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., maiorista-minorista, co código identificativo CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren

tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura dun novo establecemento en Pontevedra, na rúa Michelena, 23, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

3540