Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.435

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal, do departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía, a Enrique Martínez Ansemil.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto) para a provisión da praza número 96/039 de catedrático de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal, do departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía desta universidade, a favor de Enrique Martínez Ansemil, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Martínez Ansemil, catedrático de universidade da área de coñecemento de bioloxía animal, do departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía desta universidade.

A Coruña, 21 de abril de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

97-2450