Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.434

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito constitucional, do departamento de Dereito Público, a Javier Ruipérez y Alamillo.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 7 de xuño de 1996 (BOE do 11 de xullo) para a provisión da praza número 96/024 de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito constitucional, do departamento de Dereito Público desta universidade, a favor de Javier Ruipérez y Alamillo, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Javier Ruipérez y Alamillo, catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito constitucional, do departamento de Dereito Público desta universidade.

A Coruña, 21 de abril de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3370