Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/361-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio As Fontes, rúa Constitución.

Situación: concello de Mondariz-Balneario.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 382 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Ponteareas-Mondariz ata o C.T. que se proxecta no edificio As Fontes, na rúa Constitución, concello de Mondariz-Balneario. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 21 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3118