Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/428-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui.

Enderezo social: A Coruña, 36000 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Marvar-Ponte Romana.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. xeral Caldelas e final no C.T. que se proxecta en Marvar-Ponte Romana, concello de Tui. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 20 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3114