A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Canteras Lusan, S.L., con domicilio en Xral. Aranda, 13, Ourense, presentou nesta delegación provincial, o día 4 de xuño de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Lusan de 2 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o número 2725 da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice 18º 04' 20''42º 44' 40''
Vértice 28º 04' 20''42º 44' 00''
Vértice 38º 04' 40''42º 44' 00''
Vértice 48º 04' 40''42º 44' 40''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.
O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.
Pontevedra, 14 de abril de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
3520