Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 7 de maio de 1997 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para o día 12 de maio no centro mineiro da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que límite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esen

ciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xuño, no seu artigo 3, faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga que comezará ás 6 horas do día 12 de maio de 1997 e rematará ás 6 horas do día 13-5-1997 no centro mineiro de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Mentres dure a folga anunciada para o día 12 de maio do presente ano que comezará ás 6 horas do día 12-5-1997 e rematará ás 6 horas do día 13-5-1997 no centro mineiro de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, os servicios mínimos serán os siguientes:

Día 12 de maio (luns).

Caben tres supostos dependendo do volume previsto de carbón almacenado no parque de carbóns da central térmica ás 6 horas do luns día 12.

A) Mina parada.

B) Funcionamento dunha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

C) Funcionamento de dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Situación central térmica
Toneladas mestura previstas en parque C.T. (luns 6 h)*C.T. Parada ou C.T. un grupoC.T. dous gruposC.T. tres ou catro grupos

Menos de 70.000ABC
Entre 70.000 e 100.000AAB
Máis de 100.000AAA

* Estimación que se realizará o venres día 9-5-1997, ás 11 horas.

A) Servicios mínimos mina parada.

-Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día
1Operador Subestación Tesouro3
1Subx. Serv. ou X. equipo bombeo

-Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subx. Serv. ou X. equipo bombeo3

3Bombeiros (*)9

-Sección eléctrica.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

2Oficiais Taller Mina4

(*) Os equipos de traballo que non dispoñan do número de bombeiros de desaugamento que se necesitan completaranse co xefe de equipo.

B) Servicios mínimos para unha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

-Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día
1Xefe de quenda área3
3Técnicos de terceira9
4Operadores Esc. e amoreadora12
2Maquinista parque regulación6
5Axudantes Esc. e amoreadora15
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
3Vixilantes de cintas9
3Maquinistas de Bulldozer7
1Subxefe de servicio de C. control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

-Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día
1Subxefe Svco. ou X. equipo obras e bombeo3
3Bombeiros (*)9

-Mantemento eléctrico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio en máquinas3

1Xefe equipo en máquinas3

2Oficiais en máquinas6

1Sub. Svc. ou xefe equipo en cintas3

1Oficial en cintas3

1Subxefe servicio electrónica3

1Xefe equipo ou oficial electrónica3

-Mantemento mecánico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subx. Svco. ou xefe equipo en retén3

3Oficiais en retén9

1Subx. Svco. ou xefe equipo vulcanizado3

2Oficiais vulcanizado6

-Almacén mina.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Almaceneiro3

-Maquinaria e equipos.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Encargado de transportes3

2Conductores vehículos6

1Maquinista Maq. Aux.2

(*) Os equipos de traballo que non dispoñan do número de bombeiros de desaugamento que se necesitan completaranse co xefe de equipo.

C) Servicios mínimos para dúas escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

-Producción.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día
1Xefe de quenda área3
4Técnicos de terceira12
6Operadores Esc. e amoreadora18
2Maquinista parque regulación6
7Axudantes Esc. e amoreadora21
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
4Vixilantes de cintas12
3Maquinistas de bulldozer7
1Subxefe de servicio de C. control3
1Operador centro de control3
1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

-Obras.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día
1Subxefe Svco. ou X. equipo obras e bombeo3
3Bombeiros (*)9

-Mantemento eléctrico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subxefe servicio en máquinas3

1Xefe equipo en máquinas3

2Oficiais en máquinas6

1Sub. Svc. ou xefe equipo en cintas3

1Oficial en cintas3

1Subxefe servicio electrónica3

1Xefe equipo ou oficial electrónica3

-Mantemento mecánico.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Subx. Svco. ou xefe equipo en retén3

4Oficiais en retén12

1Subx. Svco. ou xefe equipo vulcanizado3

2Oficial vulcanizado6

-Almacén mina.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Almaceneiro3

-Maquinaria e equipos.

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Encargado de transportes3

2Conductores vehículos6

1Maquinista Maq. Aux.2

(*) Os equipos de traballo que non dispoñan do número de bombeiros de desaugamento que se necesitan completaranse co xefe de equipo.

En tódalas situacións anteriores, en caso de producirse algunha avería ou incidente de carácter grave, a Dirección e o Comité de Folga reuniranse co fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

Artigo 2º

O incumprimento desta obrigación de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será san

cionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

97-3395