Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de abril de 1997 pola que se aproba a modificación parcial dos estatutos da fundación Enxeñería Civil de Galicia.

Analizado o expediente de modificación parcial dos estatutos de seu, promovido pola fundación Enxeñería Civil de Galicia.

Resultando que esta fundación foi declarada de interese galego pola orde da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria, do 9 de febreiro de 1994 (DOG do 8-3), encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións deste protectorado co nº 175.

Resultando que a fundación Enxeñería Civil de Galicia solicitou perante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación parcial dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente cubríronse os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e nos artigos 32.3º e 38 do devandito regulamento.

Considerando que os novos estatutos cumpren as esixencias dos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, e que son conformes coa vontade fundacional. Esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la modificación parcial dos estatutos da fundación Enxeñería Civil de Galicia, segundo consta en escritura pública do 8 de novembro de 1996, perante o notario da Coruña, Francisco-Manuel Ordóñez Armán (protocolo nº 2.288).

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor os novos estatutos.

Terceiro.-Esta disposición pon fin á vía administrativa, consonte o establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

3579