Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-258).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 7 de febreiro de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado estudio de detalle da unidade de execución nº 28 (U.E.28) sito na Aguieira-Dorneda, coa condición de que a área de posible movemento da edificación non poida introducirse na zona de servidume de protección. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 19 de marzo de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

2963