Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, para corrección de aliñación na avenida de León (Sanxenxo).

A Corporación Municipal en Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de marzo de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, para corrección de aliñacións na avenida de León da vila de Sanxenxo e, ó mesmo tempo e de conformidade co disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 2 de abril, e segundo consta no informe xurídico que consta no expediente, acordouse o seguinte:

Primeiro.-O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, comprensivo do alcance da modificación.

Segundo.-Darase traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran a modificación puntual das normas, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Terceiro.-A eficacia do acto de aprobación definitiva da modificación quedará condicionada á recepción do expediente completo na consellería referida e á publicación íntegra das normas e ordenanzas no BOP.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interponer directamente e no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo de comunicación ó órgano autor do acto a que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 10 de abril de 1997.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde